Este curso contamos con 8 Voluntarios de Biblioteca. Están a axudar na organización dos libros, nos préstamos e tamén a realizar actividades de animación á lectura e conmemoracións.
No diario "O Progreso" de hoxe aparece unha reportaxe sobre a ACTIVIDADE DE XADREZ que se celebrou na Festa de Entroido no noso instituto. Durante dúas horas case cen alumnos estiveron moi, pero que moi concentrados. Esperamos que moitos deles atopen no xadrez unha interesante maneira de empregar o seu tempo de ocio. Por descontado, agradecemos a inestimable colaboración da Asociación Cultural Xaquedrum, da Escola Luguesa de Xadrez, do Concello de Lugo e do Xornal O Progreso.
..... moi especial. Realizouna a profesora Felisa Redondo cós seus alumnos de 4º de Eso, e foi patrocinada pola Deputación de Lugo.
Como non, está especialmente dedicada ao poeta que da nome ao noso centro.
O día 18 tivo lugar a súa presentación no Salón de Actos do Instituto coa asistencia de Felisa Redondo e Xosé Manuel Castro Castedo (por parte do centro), o representante da Deputación, e o poeta Claudio Rodríguez Fer cunha charla titulada: "Encontro con Ánxel Fole: un vello e un rapaz".
Con este video iniciouse a presentación:
Esperemos que, ademais de gozar dela, vos axude a chegar a un final de curso feliz e venturoso!
Este Entroido, temos programadas moitas actividades; todas elas inspiradas no libro de "Alicia no País das Marabillas". Como xa sabedes, este curso a Biblioteca conmemora
o 150 aniversario da súa publicación. Gozade do Entroido!
Logo dunha animada deliberación a decisión do Xurado do Concurso de Disfraces é a que segue:
INDIVIDUAL:
1º PREMIO: "Sombreireiro Louco" 2º ESO C
2º PREMIO: "Colexiala" 1º ESO C
PARELLAS:
1º PREMIO: "Alicias" 1º ESO C
2º PREMIO: "Mario e Luigi" 1ª ESO C
COMPARSAS:
1º PREMIO: "As Rokeiras"
2º PREMIO: "Mimos" de 1º D
Os premios son unha sorpresa que recolleredes á volta do Entroido.
Andrea Estrella Arias Díaz, alumna de 1º de BAC foi galardoada có 1º PREMIO da súa categoría (15-18 anos) no XXI CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Eucación, Manuel Núñez, entregaron o pasado mércores no Salón de Plenos os premios. Andrea recibiu un Diploma, un lote de libros e un premio valorado en 250 euros.
El Departamento de Lengua Castellana convoca el primer Concurso con motivo de San Valentín. Las bases están en el tablón situado a la entrada de la biblioteca. En las cuestiones del amor es importante elegir bien las palabras. empezad a practicar!