miércoles, 20 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO NO ÁNXEL FOLE: INAUGURAMOS "LECTAURANTE"!!!

Cavilando e cavilando, chegamos á conclusión de que toda Biblioteca que se prece debe ter un bo "Lectaurante" para alimentar os espíritos de todos os que se acheguen a ela.
O "Día do Libro" é unha boa ocasión para inauguralo. Facémolo cun menú especial dedicado a conmemorar o Ano Cervantes, coa colaboración de todos os profesores do centro e a participación de todos os alumnos.
Pode que non teña moito xeito, pero comezamos o menú pola sobremesa (cousas da cociña!). Dúas exposicións para perder o gusto. En "Quixotes de aquí e de acolá" hai Quixotes antigos e modernos, ilustrados e sen ilustrar, edicións escolares, cómics .... Unha ledicia! Non deixedes de visitala. Se tedes sorte recibiredes unha explicación por parte de Gustavo que leva toda a vida atesourando estas xoias e agora as comparte con todos nos. Gustavo, grazas mil!


A outra é unha preciosa "Exposición de Marcapáxinas" de distintas editoriais con información da súa historia . Pertencen a colección de Justa e Marisa. Grazas a elas tamén por compartilas con todos nós. Se tedes marcapáxinas podédelos expoñer nun taboleiro que dispuxeron con tal fin. Animádevos!  


O "Aperitivo" servirase, á primeira hora do luns. Alumnos, caracterizados de Cervantes, irromperán en cada aula có seu "Quixote", presentaranse  e iniciarán a lectura do mesmo. Previamente recollerán na Biblioteca as golas e os libros. Xa están preparados!


O "Prato principal" comezará a servirse a continuación. Os alumnos baixarán por cursos e realizarase unha lectura continuada en distintos idiomas (galego, castelá, vasco, portugués, árabe, chinés, romanés, inglés e francés). Todas esas linguas son faladas por alumnos do noso centro. 

O "comedor" está instalado na entrada do instituto, na antesala da Biblioteca e decorado para a ocasión con murais realizados polo profesor de Plástica Luís Fernández Vila e os seus alumnos. Todos quereredes ler neste escenario!



Velaí as imaxes que tomamos desta actividade. Xa vedes: Cervantes está moi, pero que moi vivo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario