martes, 25 de octubre de 2016

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016

A Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares (Internacional Association of SchoolLibrarianship, IA SL), iniciou no ano 1999 a convocatoria do Día Internacional da Biblioteca Escolar, no cuarto luns do mes de outubro de cada ano, có fin de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da biblioteca escolar como recurso fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe e impulsar a súa presencia na institución escolar.
Por outra parte, na Comunidade Autónoma de Galicia ,desde 1997, cada 24 de octubre se conmemora o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

A nosa intención é converter o Ánxel Fole en Territorio das Artes, lema elixido este ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia

Velaí as actividades propostas para comezar













Taller inspirado na importancia dos cafés na creación literaria. Nel os alumnos realizaron cadanseu servilleteiro literario co que decoraron a bilbioteca. Así lucen:





No hay comentarios:

Publicar un comentario