Como cada ano, celebramos o Día Muncial da Auga. Nesta ocasión baixo o lema "A Auga e o Emprego". A auga é un elemento esencial da vida. Pero é maís que esencial para calmar a sede ou a protección da saúde; a auga é vital para a creación de postos de traballo e apoiar o desenvolvemento económico, social e humano.
Aí tedes o video que realizaron os nosos alumnos con Beny, a profesora de música, a finais do curso pasado. A edición do video foi realizada pola Fundación TIC
Ao longo da Historia foron moitas as mulleres pioneiras que deixaron a súa pegada, malia vivir nun mundo que, como pouco, as ignoraba. Pasiño a pasiño conseguimos sentarnos nas aulas universitarias, exercer o dereito a voto, decidir os nosos destinos.. , compartir cós homes ese 50% da vida que por dereito propio nos corresponde. As mulleres temos o deber de, coñecendo e recoñecendo os méritos das que nos precederon, tomalas como exemplo e inspiración. A todas elas! Un enlace para inspirarse: PEGADAS DAS MULLERES NA HISTORIA Pero non temos que ir moi lonxe, nin no tempo nin no espazo, para achegarnos a algunhas delas. Quen non coñece ás nosas escritoras: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal? Todas elas perviven na nosa Biblioteca. Achegádevos a coñecelas!
Nos corredores do instituto temos unha mostra patrocinada pola Secretaría Xeral de Igualdade na que varios artistas plasman as súas ideas sobre o tema.
Aqui tedes a visión sobre mulleres que deixaron a súa pegada de un grupo de alumnas do instituto.
Rapaces e rapazas, que reflexionedes moito no día da muller traballadora!