Rematou un curso escolar no que a auga entrou a cachón e inundou cada aula, corredor e rincón do noso Instituto. No seguinte "Prezi" podedes ver un resumo das actividades realizadas coas que participamos no II Concurso de Traballos por Proxectos.
------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Este curso a BIBLIOTECA do
ANXEL FOLE coordina un TRABALLO POR PROXECTOS. Versará sobre A AUGA
e estará enmarcado no "Decenio Internacional para a Acción, A Auga Fonte de Vida". En 2015 cúmprese o fin desta década que ten como
finalidade educar no uso sostible da auga e conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con relación ao acceso a auga e ao saneamento en todo o
planeta.
Como "broche final" de todos os traballos realizados durante o curso sobre a auga, presentámosvos este video musical. Agradecemos a inestimable colaboración da Fundación TIC para a súa elaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario