Unha carta, un libro e unha pipa, é o legado de Buero Vallejo no centenario de seu nacemento.
Foi depositado pola súa viúva nunha caixa de seguridade da Sede Central do Instituto Cervantes (na calle Alcalá en Madrid) e non se abrirá ata dentro de 50 anos.
ENLACE Á NOTICIA
Teñen o honor de depositar o seu legado todos os galardoados co Premio Cervantes ao cumprírense 100 anos do seu nacemento, aínda que xa non estean entre nós.
Sintes curiosidade por coñecer máis deste autor? Fai click no seguinte enlace:
A Biblioteca do Ánxel Fole da a toda a comunidade escolar a benvida a este novo curso. Comezamos coas pilas cargadas a tope de tanta enerxía solar absorbida durante o verán, ávidos de realizar actividades e gozar dos libros e a grata compañía de alumnos e profesores.
Houbo moito ambiente estes días de atrás polos corredores: oíase falar en castelá, galego, inglés e ... ata italiano! E, é que a semana pasada devolvéronos a visita os 10 alumnos dun instituto de Catania, cos que a profesoras de inglés, Blanca e Paz, organizaron un intercambio. Prepararon para eles visitas turísticas e actividades escolares coa colaboración doutros profesores e a propia biblioteca.
Fóronse moi ledos e con ganas de voltar.