Como remate ás actividades do Mes da Ciencia en Galego, Manuel Díaz Regueiro (Presidente de Igaciencia) deu unha charla aos nosos alumnos sobre os legumes e a Xenética. Inés Ben (Secretaria de Igaciencia) realizou un taller sobre realidade aumentada e realidade virtual.
Finalmente tivemos un conferenciante de luxo: o Profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, membro da Real Academia de Ciencias de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Coa conferencia: "O devir científico de Cruz Gallástegui e a súa conexion luguesa", deunos a coñecer aspectos moi interesantes e pouco coñecidos do científico, recoñecido como o introdutor en Galicia da xenética vexetal.
Moitísimas grazas a todos eles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario