A
Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, mantivo hoxe un encontro con 50 alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Ánxel Fole de Lugo, que celebraron un pleno infantil que tivo como tema central a conservación da natureza. Esta actividade puxo fin á 3ª Semana Escolar da Provincia, organizada pola Deputación.
Durante a sesión, os nosos alumnos, representaron un pleno no que efectuaron as funcións de presidente, vicepresidente, secretario, grupos políticos e mesmo de público.
As propostas sobre as que debateron foron tres:
. A explotación turística do río Rato,
. A creación dunha partida orzamentaria para a divulgación e conservación dos espazos naturais protexidos,
. A creación dunha zona de interese natural na zona do castro da Piringalla.
Tras
a representación do pleno, o alumnado puido coñecer as instalacións
do Pazo de San Marcos nunha visita guiada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario