Onte
tivemos a grandísima sorte de ter a Verónica Boquete no noso
instituto. Acompañábana a Secretaria de Igualdade da Xunta e o Delegado Territorial da Xunta en Lugo.
Foi un pracer escoitala e comprobar que con esforzo e
dedicación podemos lograr o que soñamos. Vero é xogadora de fútbol
profesional!!! Xa gañou dúas "Champions League".
Tamén
nos falou da importancia de educar en igualdade e enviou ao
noso alumnado unha mensaxe que non debemos perder de vista: "o
mundo é voso, dentro duns aniños seredes vós as nais, os pais, os
mestres ... e está nas vosas mans facer que a igualdade sexa unha
realidade".
No hay comentarios:
Publicar un comentario