8 de Febreiro:
Polo centro andan uns xograres dando publicidade a un bando sobre feitizos amorosos dunha tal Celestina. Esperamos a súa presenza para o día 14 (San Valentín). O luns recolleremos os vosos desexos amorosos. Andade atentos!
As profesoras de Lingua Castelá: Felisa, Ángeles e Chus, foron as encargadas de organizar esta actividade.
Pois o día 13 de febreiro, houbo cola para depositar os sobres cos desexos amorosos.
Hoxe, Día de San Valentín, Celestina (Naíra Illán) escenificou o tan esperado Conxuro.
A última hora da mañá, uns servidores de Celestina entregaron os sobres aos seus destinatarios.
Termina así esta interesante actividade de animación á lectura organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
Só falta preguntar aos interesados se deu resultado o Conxuro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario