«Neste
Día Mundial de Concienciación sobre o
Autismo, axudemos
todos a cambiar as actitudes cara
as persoas con autismo e
a recoñecer
os
seus dereitos como cidadáns,
que, ao
igual
que todos os demais,
teñen
dereito
a reivindicar eses
dereitos
e
a
tomar decisións
sobre a
súa vida
de acordo
aos
seus propios
desexos
e
preferencias.»
Mensaxe
do Secretario
Xeneral,
António Guterres con motivo do
Día Mundial de Concienciación sobre o
Autismo, 2 de abril de 2017
Para facerte unha idea de como percibe o mundo unha persoa autista, recomendámosche:
A. Un corto feito por un neno con Asperger que describe a viaxe ao autismo:
B. Un libro que podes coller emprestado na nosa biblioteca:
O protagonista, Christopher Boone, aos seus quince anos, coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507 pero cústalle relacionarense cos outros seres humanos.Gústanlle as listas, os
esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto
físico. Malia non ido só máis aló da tenda da esquina, a noite que o can da veciña aparece morto, Christopher decide iniciar a busca do culpable.
C. BLOG AUTISMO
1. Difunde o día: Pon a imaxe da campaña no teu perfil de Facebook, Watsapp ..
Ademáis das actividades que algunhas profesoras están preparando para realizar o luns, das que daremos conta, a propia páxina do "Día mundial do autismo" propón as seguintes:
2. Realiza un xesto: Unha foto/selfie polo autismo (coa imaxe da campaña de fondo) ou un vídeo. Súbeos ás túas redes sociais có hashtag #DiaMundialAutismo, ou envíaas por Watsapp ao 628 795 794 para seren publicadas na páxina http://diamundialautismo.com/
3. Firma o manifesto en http://diamundialautismo.com/firma-el-manifiesto