Encontro coa autora de "La
canción de Shao Li", Marisol Ortiz de Zárate: unha experiencia
deliciosa, a autora agasallounos cunha historia e mantivo un coloquio
co alumnado sobre a súa obra. Marisol foi moi xenerosa coas
respostas e comentarios, deixounos entrar na súa intimidade
familiar, levounos de viaxe ao frío e escuro Londres do outono e
compartiu con nós as súas inquedanzas e opinións.
Foi moi interesante para o
noso alumnado de 2º de ESO ter a portunidade de charlar coa
escritora da novela que acababan de ler, unha actividade de luxo.
Moitas grazas á autora e tamén aos seus lectores e lectoras.
FOTOGRAFÍA E TEXTO: María Jesús Gil Castro
No hay comentarios:
Publicar un comentario