Xa está case a punto o retrato de Carlos Casares, realizado polo profesor do centro Luís Valentín Fernández Vila.
Luís Valentín, ven a realizar os retratos de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 2010. Grazas a el, temos xa unha pequena pinacoteca que constitúe un sinal de identidade do noso centro.
Nos próximos días daremos a coñecer todas as súas obras.
Para celebrar estas datas, o alumno Daniel Barreiro, realizou unha entrevista a Armando Requeixo, ensaísta e crítico literario especialista nas obras de Carlos Casares e Ánxel Fole.
Os profesores Felisa Redondo e Xosé Manuel Castro Castedo concebiron a idea a partir do libro "Conversas con Ánxel Fole" de Carlos Casares. Os libros inspiran!
No progreso de hoxe dan conta de ámbolos eventos.
Coma sempre, expoñemos e recomendamos libros axeitados á ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario