A CONTINUACIÓN OS TEXTOS GAÑADORES:
HUMANIDADE
Ano
2099, xa pasaron cinco anos desde a aparición do virus que case
extermina a humanidade, excepto a min, a última persoa na terra.
Desde
hai dous anos xa non queda ninguén, as rúas están baleiras, sen
vida, o son do silencio destruiría os meus oídos de non ser polo
meu reprodutor mp3, escoitando todos os días a banda sonora da miña
nova vida, sen ninguén, excepto a miña sombra, a única compañeira
que me queda neste novo mundo.
Todos
os días aquí en New York vago pola cidade, visito algún
supermercado e collo toda a comida que necesito pero que non me
enche, xa que agora teño sempre un buraco no estómago, debido á
soedade que me persegue e non descansa, día tras noite, noite tras
día...Coa ausencia de cousas que facer teño tempo para pensar e
pensar, e de tanto
pensar cismei en que se Deus existise, é posible que fose tan
caprichoso como para só deixar vivir, de tantos millóns de persoas
sobre a terra, sen falar dos animais, a un adolescente antisociable
con problemas de moral? Aínda que agora tampouco está o mundo para
que me faga poeta...
Todas
as noites durmo sen ganas de espertar para seguir vivindo felizmente
nos meus soños nunha cidade con humanos despreciables, onde os
edificios non están destruídos con musgo e enredadeiras medrando ao
redor, sen estradas fendidas que xa parecen pastos, onde os rañaceos
inundan a paisaxe e centos de coches circulan contaminando a
atmosfera. Chamádeme hipócrita si, pero que pensariades se
estivésedes sós fronte ao mundo, fronte a unha tempestade que non
pasa, que segue aí para verte sufrir pola ausencia de xente que che
poida axudar?
Antes
do virus tíñao case todo: videoxogos, ordenadores, xoguetes...pero
non amigos. Sentábame todos os días no banco do parque da beira da
miña gran casa, a evadirme da realidade, das persoas, da humanidade,
para sentirme só, que era o único que quería, pensando para os
meus adentros: a humanidade é retrasada e non tén cura, que se lle
vai facer!. Agora é á vez igual e diferente, agora podería ter o
que quixese, pero non acho a ninguén con quen compartilo como
antes. Agora, con todo, non busco a soedade naquel sucio e roto banco
do parque, o que me queda da miña outra vida, senón que me sento a
pensar que xogo co meu pai á pelota ou falo coa miña nai,
cousas
que se non se dese a ocasión pareceríanme imposibles xa que a
partir dos doce anos empezaron a non entenderme. Era un gran
estudante pero un becho raro, non me trataban mal nin moito menos
pero cada vez máis me afastaba deles, dábanme todo o que quería e
eu amábaos, pero eu non sabía que facer aínda que...que máis dará
agora?
Ben,
chegados a este punto, preguntarédesvos por que escribo isto, talvez
por moitos motivos, pola ansiedade de facer algo, por intentar
expresar para min os meus sentimentos nunha carta autocrítica, pero
principalmente pola esperanza, esperanza para vivir, esperanza para
sobrevivir, esperanza de que nalgún sitio haxa alguén que me ache,
esperanza de que me axude a saír da miña vida actual, esperanza de
que alguén me axude a crear un novo destino, esperanza a que queden
uns humanos que que creen unha nova humanidade?
Antón Calviño López, 1º
ESO A
NO SOUTO DA PEREIRA
Esta
lenda contoulla o avó de Pedro a Pedro no prado, xunto a unha
pereira.
-Sabes
que, Pedro? -díxolle o avó.
-Que?-
respondeu Pedro.
-Esta
árbore centenaria dá sorte -díxolle o avó.
-Como
é iso? -preguntou Pedro.
-Segundo
me dixeron, tés que adormecer baixo dela e pensar no que queiras-
afirmou o avó.
Os
dous durmíronse e metéronse nun sono profundo e soñaron co país
dos avós e dos netos.
-Que
é isto? - preguntou Pedro.
-Non
o.... -comezou a dicir o avó.
-Isto
é o país dos avós e os netos -dixo un robot- sen deixarlle rematar
de falar ó avó.
-E
ti quen es? -preguntou Pedro.
-Son
o encargado deste país e chámome Agustín, queredes xogar a algo?
-dixo o robot.
-Siii...-responderon
o avó e o neto ó unísono.
-A
ver, que se vos dá ben? -preguntou Agustín.
-A
min xogar ó fútbol -afirmou Pedro.
-E
a min, contar lendas -dixo o avó .
-Vale,
a min ao pilla-pilla -dixo o robot Agustín.
-Imos
facer unha mestura, a ver... Ah! Xa sei! Xogamos ó pilla-pilla cunha
pelota de balón-pé, e o que perda ten que contar unha lenda, vale?
-propuxo o robot.
-Vale!
-afirmaron os Pedros -porque o avó tamén se chamaba Pedro-
Pero
en canto ían empezar a xogar, a Pedro comezáronlle a desaparecer as
mans.
-Qué
pasa? -preguntou.
-Estades
espertando...Rápido! Pedide un desexo! -ordenou o robot.
-Un
coche teledirixido grande! -pediu Pedro.
-Unha
cadeira de brazos nova! -exclamou o avó.
-Adeus!
-gritou o robot despedíndose ca man.
Deseguido,
espertaron e marcharon para a casa coa vaca Branquiña e o can Marco.
Fora unha tarde e un soño inesquecible para Pedro, que non quería
acordar porque estaba desfrutando do seu soño.
Con
certeza que o luns, cando chegase á cidade, lles contaría ós seus
amigos a lenda do
souto da pereira e a magnífica fin de semana que pasou a carón do
avó.
Laura
Méndez Linares, de 3ª ESO B
Álvaro
Méndez Linares, de 1º ESO D
MÁSCARA
Escondida
sempre, tras un sorriso
agochando
o que realmente sinto.
Disimulando, gardando
aparencias,
sen querer molestar
cos meus problemas.
Neste teatro, encóntrome
actuando,
sufrindo
en lugar de disfrutando.
Como un mentirán,
só ensino unha cara,
mentres agocho a outra
tras a máscara.
A vida ensinoume a ter
que ocultarme,
poucas persoas logran
coñecerme.
Finxo
ante todos, total inocencia,
cubrindo toda a miña
intelixencia.
Cargando desde sempre este
disfrace,
cústame moito, imposible
ocultarme.
Disfrazándome coma no
carnaval,
esperando que un día
chegue o final.
Sinto
como pesa, lévame dentro.
Cando
rematará este sentimento?
Medo da opinión, da
cruel sociedade,
quero sorrir e que sexa de
verdade.
Paula
Dorado Vázquez, 3º ESO B
BOLBORETAS
Bolboretas, moitas cores teñen; bolboretas, van e veñen.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Bolboretas, que por elas nos deixamos levar; bolboretas, que logo nos van cansar.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Bolboretas, que enchen campos; bolboretas, que van trouleando.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Diana Penelas Trabada, 1º ESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario